Situación Xeográfica
  • Alt

O Concello de Ribas de Sil situase no sur da provincia de Lugo, a 82 Km da capitalidade provincial. Este Concello pertence á comarca de Quiroga e ten o seu partido xudicial en Monforte de Lemos.

Limita ao Sur coa provincia de Ourense, cos termos municipais de Castro Caldelas, San Xoán de Río e Pobra de Trives; o resto do municipio queda delimitado polo río Sil, co municipio de Monforte de Lemos ao Oeste, o municipio de Pobra do Brollón ao Norte e co de Quiroga ao Norte e ao Leste.

San Clodio, a capitalidade do Concello de Ribas de Sil, posúe numerosas vías de comunicación que fai desta vila un importante eixo de comunicación e vertebración coas comarcas do contorno. A este concello pódese chegar tanto por estrada (N-120, LU-602, L-933, PR-53 e PR-50) como por tren, pois conta cunha estación de ferrocarril. Cabe sinalar que esta estación é unha das tres estacións galegas consideradas por RENFE de interese ecoturístico.