Protección Civil

Servizos Sociais

OMIX

Técnico Local de Emprego

Axencia de Lectura

Centro Social para maiores

Casa Niño Buxaina

Escola de Verán

Servizo de Recollida de Lixo

 


Protección Civil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil comezou a súa andaina o día 6 de marzo de 2006, coa finalidade de evitar, reducir ou reparar os danos a persoas e bens, orixinados por situacións de grave risco colectivo, catástrofe ou calamidade pública.

Está formada por un grupo heteroxéneo de 19 persoas, que de forma altruísta e desinteresada, participan e colaboran en labores preventivos e de vixilancia nos eventos culturais e deportivos que se desenvolven no Concello.

Outra tarefa moi importante é a intervención en situacións de perigo, sobre todo en accidentes de tráfico e incendios, entre outras.

Na devandita Agrupación están en continua formación, realizando cursos de perfeccionamento e especialización en diferentes ramas (Incendios urbanos e forestais, Busca e salvamento en montaña e zonas illadas, Accidentes en estrada, Primeiros auxilios e excarcelación, Xornadas prácticas na loita contra incendios,…).

emergencias

Servizos Sociais

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son a porta de entrada o sistema de benestar social, baseado nas políticas sociais, que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.

Está formado por unha Traballadora Social, responsable dos programas básicos de actuación:

  • Programa de Orientación, Asesoramento e Información:
    • Programa onde se informa ós cidadáns sobre os distintos recursos e dereitos existentes en materia de servizos sociais, así como a maneira efectiva de acadalos: pensións non contributivas, RISGA, acceso a outros sistemas de protección social e prestacións. Abono social de telefónica, programas de vacacións e termalismo para persoas maiores e minusválidas, ingreso en residencias, centros de día , casas de acollida, etc. Programas de respiro familiar e de voluntariado social, teleasistencia, etc.
  • Programa de Axuda no Fogar.
    • Este servizo responde as necesidades dos veciños/as que padecen algunha discapacidade ou disfunción que non lles permite desenvolver a súa autonomía persoal e social no seu propio fogar. Nestes momentos hai seis auxiliares de axuda no fogar que prestan servizos de carácter persoal (aseo, movilización, acompañamento, aspectos sanitarios, etc), doméstico (alimentación, limpeza básica, etc), entre outros.
  • Programa de Inserción Social.
    • Con este programa búscase a integración social dos sectores de poboación mais desfavorecidos e a mellora das súas condicións de vida.
    • Accións:Tanto o nivel preventivo como a intervención directa en supostos concretos, desenvolveranse mediante as seguintes actividades:
      • Accións de promoción e participación social.
      • Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.
      • Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos específicos que se establezan.
      • Xestionar as prestacións económicas e sociais establecidas, realizando o seguimento e avaliación na súa aplicación.
  • Programa de Animación, prevención e cooperación social.
    • O seu obxectivo é facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
    • Actuacións:
      • Fomento da solidaridade social.
      • Potenciación das organizacións de voluntariado social
    • Hai que destacar tamén outros programas ou actuacións que se levan a cabo neste servizo como son os programas de emerxencia social, vacacións en paz (programa que achega a nenos saharauis a familias do concello nos meses de xullo e agosto), educación familiar, escola de maiores, etc.
  • Programa "Xantar na Casa"
  • Taller da Memoria

servizo sociais

OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é unha estructura informativa de carácter municipal que presta servicios de información ós xoves do concello.

Entre as actividades que leva a cabo están:

  • Informar sobre bolsas de estudo, cursos, matrículas, centros de ensino,programas europeos, intercambios, etc.
  • Solicitude de campamentos de verán, campos de traballo, viaxes, deportes, etc.
  • Información cultural (exposicións, congresos, concertos, teatros, etc).
  • Subvencións, axudas, voluntariado, cooperación, etc).
  • Actividades diversas de ocio para os rapaces, entre elas a Festa da Xuventude.
  • Programas que fomentan a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías.
  • Tramitación do carné Xove.
  • Calquera outra información dirixida as mozas e mozos do concello.

OMIX

 

 

Técnico Local de Emprego

A Técnica Local de Emprego de Ribas de Sil está encuadrado na Rede de Técnicos de Emprego de Galicia. Entre as funcións do axente de emprego e desenvolvemento local están as seguintes:

  • Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose sobre todo en aqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.
  • Informar as empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o seu acceso a eles.
  • Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo informando das medidas de apoio existentes e poñendo en relación persoas emprendedoras e recursos.
  • Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.
  • Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.
  • Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.
  • Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante:
    • A prospección de recursos ociosos ou infrautilizados e de proxectos empresariais de promoción económica e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.
    • A difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades entre persoas desempregadas, promotores e promotoras, persoas emprendedoras e institucións colaboradoras.
    • O acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
    • O apoio aos promotores e ás promotoras das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos/as tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento.

E-Mail: aedl.concelloribasdesil@gmail.com

 

Axencia de Lectura

A Axencia de Lectura de Ribas de Sil está integrada no proxecto Meiga.

O Proxecto Meiga é unha aplicación de xestión de bibliotecas, ainda que esa é a sua misión principal o proxecto alcanza outras dimensións como son as da automatización dos procesos de catalogación, préstamos, etc, normalización de datos bibliográficos, procesos de intercambio de información pola rede, e en definitiva a integración das bibliotecas galegas nunha rede e a incorporación delas na nova sociedade da información. Ver a portada dun libro a consultar, escoitar un tema dun CD de música, ver un trailer dunha película, ler comentarios sobre un rexistro ou simplemente leer libros electrónicos en línea é unha realidad co MEIGA.

Na actualidade o número de rexistros bibliográficos que hai na biblioteca ascende a 4 252, entre libros, música, revistas, etc.

Email: concelloribasdesil@gmail.com

 

Centro Social para maiores

Na antiga casa consistorial.

 

Casa Niño Buxaina

Na antiga casa consistorial.

 

Escola de Verán

 

Servizo de Recollida de Lixo

Servizo de recollida de lixo non convencional todos os luns de cada mes, GRATUÍTO, e mini punto limpo.