A partir do século I d.c., o Imperio Romano levou a cabo unha intensa actividade mineira centrada principalmente na extracción do ouro. A técnica empregada na zona, hoxe pertencente ó Concello de Ribas de Sil, caracterizase polo movemento de grandes cantidades de terra aproveitando a forza hidráulica do Río Sil. A auga conducida mediante complexos sistemas de canalización, arrastraba as terras ata as canles de lavado situadas na parte máis baixa do xacemento. O ouro quedaba depositado por decantación no fondo dos lavadoiros.
A ruta do ouro de Peites, Figueiredo e Piñeira permite admirar vestixios daquelas explotacións auríferas milenarias. A ruta é de 8 quilómetros e se pode realizar en autobús. O percorrido empeza no pobo de Peites, onde se pode visitar un muíño de aceite e percorre-la mina que hai debaixo da aldea. Logo, nos diriximos a Figueiredo onde se atopa a 2ª explotación convertida hoxe en día nun souto de castiñeiros. E finalmente, iremos á parroquia de Piñeira, para visitar outra mina que leva o seu nome. Nesta mina, pódese admirar un profundo corte na ladeira e unha gran cantidade de cantos.