Outros Eventos
  • Alt

Belén Vivente

Cada ano por reis o concello organiza xunto coa Cabalgata dos Reis Magos, un Belén Vivente. Nel participan todos os veciños(nenos e maiores) que representan escenas da vida cotiá da época. Durante este evento os nenos reciben agasallos das mans dos Reis Magos e os maiores doces e chocolate.

Entroido

Outra das celebracións xa tracionais na localidade de San Clodio, é o desfile de comparsas do sábado de entroido. Nel participan comparsas tanto de Ribas de Sill coma doutras localidades.