A gastronomía desta zona é rica en derivados do porco, na caza (xabarín, corzo....), productos da horta,troitas, anguias, doces (roscón, tarta de noces, etc). Merece unha mención a panadaría que existe na localidade onde se segue facendo o pan e as empanadas nun forno de leña.
Hai que destacar que esta zona é rica en producción de mel, aceite e cereixas. Todos estes platos pódense degustar acompañados de viños da Ribeira Sacra e de variados licores caseiros.
Neste apartado de festas hai que destacar a Festa da Cereixa e do Aceite que este ano acada a VII edición. Esta festa dedícase a exaltación dos productos típicos desta zona que se poñen a venda no entorno da praia fluvial de San Clodio.
Festas Patronais
15 de agosto, Asunción en San Clodio e Torbeo; 30 de outubro, San Claudio en San Clodio.
Cada ano por reis o concello organiza xunto coa Cabalgata dos Reis Magos, un Belén Vivente. Nel participan todos os veciños(nenos e maiores) que representan escenas da vida cotiá da época. Durante este evento os nenos reciben agasallos das mans dos Reis Magos e os maiores doces e chocolate.