Esta ponte é un das construcións máis emblemáticas de San Clodio e un dos símbolos do Concello de Ribas de Sil.
Atópase na capitalidade deste termo municipal, a entrada do pobo, sobre o río Sil.
Esta ponte foi rematada no ano 1.883 con proxecto de enxeñeiro Pelaio Mancebo. Ten dous arco de pedra que serven de apoio es dous taboleiros metálicos de 78 e 18 metros de longo cada un deles. O seu custo foi de 261.923 pesetas do século XIX.
Coa desamortización de 1850, sácanse a poxa as terras e foros da Abadía. Manuel Batanero e Florez merca as terras da Abadía e comeza a edificar un gran Pazo rematado en 1889 nas inmediacións do seu antigo casaron na Costa. Manuel Batanero dona as terras para construír a estación de tren de San Clodio. Coa chegada do ferrocarril en 1883, a vida social e económica do pobo medra moito e a actividade entorno o pazo é incesante.