Exercendo de fronteira natural entre as provincias de Ourense e Lugo, entre Ponte do Sil ou Ponte Abaleda e San Esteban do Sil, atopamos un sector impresionante deste río; o chamado Canón do Sil.
Na vertente ourensá corresponde ós concellos de Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, A Teixeira e Castro Caldelas. Na vertente luguesa: Ribas de Sil, Quiroga, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober e Pantón.
As fortes desniveis, as diferencias climatolóxicas entre as ladeiras de solaina (clima mediterráneo) e as de umbría (clima atlántico) e a intervención do home ó longo dos séculos propiciaron que os Canóns do Sil sexa un mosaico vexetal e paisaxístico de singular beleza.
A xénese do Canón do Sil non é fluvial senón tectónica. O seu encaixe produciuse no Cuaternario e a morfoloxía do seu canle pódese debe-lo feito de discorrer por fracturas que partiron o terreo en bloques xigantescos o comeza-lo basculamento da planicie, que elevouse polo sur e polo oeste. A acción erosiva das augas do Sil afondou logo este barranco encaixando en dirección Leste-Oeste.